Imos a por todas… Arranca LÓVA 2019-20!

minilogoCarolina-1

Durante o curso 2019-20 imos desenvolver por terceiro ano consecutivo en 6º de Primaria o Proxecto LÓVA, un proxecto interdisciplinar que abranguerá as materias de Educación Artística (Música e Plástica), Materia de libre configuración (expresión oral galego), Matemáticas, Ciencias Sociais e Inglés.  Trátase de formar unha “Compañía de ópera” co alumnado para crear unha ópera orixinal e inédita.

Porta Lova

De momento, podemos mostrar o que traballamos o primeiro día. Realizaron a dinámica do Espello-Mirror. Cada un dos alumnos ten o seu propio espello. A dinámica consistiu en observarse no espello distriubuidos pola aula e en silencio (algo moi importante e a ter en conta para que o proxecto sexa un éxito). Posteriormente tiñan que escribir o que vía reflexado nel. Por último, puideron compartir o escrito, de forma voluntaria, co resto de compañeiros.

Como última sesión, levamos a cabo unha dinámica de presentación de nomes con movemento e música…. Isto promete!

Advertisements